O club de lectura de 4º, despois de comentar o libro: "A formiga coxa" de Marilar Alexandre, debuxou varias escenas desta historia.
Na próxima reunión, o club "Pinguiñas de Fantasía", comentarán o libro:
"O peto máxico" de Roberto Piumini.

...Nesta colección de contos coñeceremos a historia dun pirata bondadoso e a dun príncipe malcriado, a de dous pés que non paran de amolar o seu dono e a do inxenuo inventor que devece por voar... Uns contos están narrados en prosa e outros en verso, uns son humorísticos e outros marabillosos... Pero todos eles teñen algo en común: a defensa de valores morais como a xenerosidade, a gratitude, a solidariedade, a tolerancia e a diversidade.