mércores, 11 de febreiro de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro, celebramos o "Día internacional da muller e a nena na ciencia".

...A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030.


Na Biblioteca tedes á vosa disposición unha escolma de libros de divulgación cientifica de mulleres relevantes na ciencia. 



MÁIS INFORMACIÓN    


Retos vinculados á emerxencia climática, ao ciclo da auga e ao medio ambiente.

O proxecto Aqua STEM é un programa educativo que, mediante retos prácticos sobre a auga e usando Lego Education e o ordenador, busca reducir a brecha de xénero e potenciar a confianza no talento das nosas nenas e nenos.