sábado, 24 de outubro de 2026

"DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"

    Ao longo da semana do 26 ao 29 de outubro, no horario 1º e 2º LECER, acompañados polo equipo de biblioteca e titores/as de cada curso, a nosa biblioteca convertirase nun espazo activo de interación e xogo relacionado co PDI deste curso:

 "Galicia, Terra Meiga", para conmemorar o "Día das Bibliotecas escolares".  

Intentaremos explorar e descubrir a Galicia máxica, a través da búsqueda de información (libros da exposición e plataformas dixitais).

Serán actividades lúdicas relativas a libros como: “Bruxa e familia”, de Paula Carballeira, “O señor mago e a folla”, de Toño Núñez; “Medo me dá”, de Ramón Veiga; “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”, de Ledicia Costas; e outros libros da exposición-

Estas actividades abranguen pasatempos como:

  • Xogos de lóxica (consistente en emparellar obxectos iguais sen que se crucen as liñas)

  • Encrucillado enmeigado con palabras do conto “Queda sitio na vasoira”, de Julia Donaldson (As palabras non aparecen en liña recta!)

  • Pescuda de títulos nunha listaxe de palabras

  • Nomes de autores para completar ( por exemplo, P _ tr_ c_ _ M _ ll _)

  • Letra a letra de meigas e trasnos (Xogo con pistas para adiviñar personaxes de libros de medo)

  • Crebacabezas de cubertas de libros relativos ao tema do PDI, localizables no expositor da Biblioteca.

  • Investigación e decoración con seres máxicos de Galicia :Meigas, mouras, trasnos. Santa Compaña, lobishomes, coca, nubeiros, as xacias, fadas... 

  • Dramatización, sobre unha meiga que desexa ser fada, que prepara pocións cos cativos que a acompañan e que compartirá libros da súa biblioteca. (A cargo do alumnado de 1º de primaria coa súa mestra).

  • Elaboración de pócimas.

  • Saber máis sobre estes seres fantásticos: PANEL INFORMATIVO BIBLIOTECA.