domingo, 25 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO






Celebramos un acto para amosar o noso REXEITAMENTO 
a todo tipo de violencia.

Non faltaron os poemas, mensaxes, haikus, receitas Botrato, rap,  lingua de signos para interpretar a canción "A porta violeta" de Rozalén e lectura por parte do profesorado do poema "Fortuna" de Ida Vitale, premio Cervantes 2018.

https://drive.google.com/file/d/1ALVU7iHphNsd1vcYrG6S-GPrtfMHI6to/view?usp=sharing



PREME NAS IMAXES PARA VER O POEMA E O RAP          
                           


venres, 2 de novembro de 2018

SAMAÍN

Dámoslle publicidade á exposición de cabazas organizada polo equipo de normalización e dinamización lingüística (ENDL), do centro.

PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!!!

Ambientación 



LECTURA DOS RELATOS DE MEDO


Adaptación do conto : " A cabaza de Bepo", nós somos os/as protagonistas.

PREME NA IMAXE PARA VER O CONTO



Lisa no Samaín
Preme na imaxe para ver esta actividade plástica, orixinal e creativa


xoves, 18 de outubro de 2018

SEMANA DA BIBLIOTECA

A Asociación Internacional de Bibliotecarios Escolares (Internacional Association of School Librarianship, IASL), iniciou no ano 1999 a convocatoria do Día Internacional da Biblioteca Escolar, no cuarto luns do mes de outubro de cada ano, coa fin de sensibilizar á sociedade sobre a importancia da biblioteca escolar como recurso fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe e impulsar a súa presencia na institución escolar.

Para sinalar este día, os alumnos/as de 5º e 6º de infantil debuxaron a nosa mascota "LEMUNDI", o debuxo gañador fíxose en pegatina para repartir entre a comunidade educativa.
 O gañador foi: SAÚL RUBÍN GÓMEZ (5º de infantil)


PARABÉNS!!

Por outra banda,  o día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo. 

O lema deste curso é: 


"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

Nuria Díaz, ilustradora.

O longo do curso, Intentaremos descubrir a poesía: nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico ...
Un Adianto...


ACTIVIDADES NA SEMANA DA BIBLIOTECA:



- Vouche contar un conto: "MARUXA". Contado pola profe Elisa para infantil



Despois de escoitar á profe Elisa, Xoel contou así de ben o conto de "Maruxa" aos nenos/as de 3º de primaria.



- Lectura dramatizada: "A fábula dos ratos mensaxeiros". Alumnos/as de 3º de primaria coa colaboración da profe Sabela.



- Teatro de sombras sobre o libro : JOMPIRÚ, de Gustavo Roldán. Contado pola profe Carmela.


- Deixa a túa opinión no taboleiro.

Que é unha Biblioteca para ti?
Cal é o teu libro preferido?


- Aprende cos bee-bot na biblioteca. 


Disfruta esta semana na túa Biblioteca!

venres, 21 de setembro de 2018

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO

LEMUNDI, a mascota da Biblioteca danos a benvida a toda a comunidade educativa, e recórdanos que abrirá as súas portas a partir do 1 de outubro. 

                         

HORARIOS E NORMAS DE USUARIO

                       

FELIZ CURSO LECTOR!!






xoves, 21 de xuño de 2018

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

E que facemos no verán?.... DIVERTIRSE, e se é acompañado/a dun libro, moito mellor. Por iso LEMUNDI  deixavos estas recomendacións para disfrutar e imaxinar.


FELIZ VERÁN LECTOR!

sábado, 9 de xuño de 2018

INTERACTUANDO CONTOS CON SABELA GAGO

Sabela Gago, soubo manter a atención deste público tan entregado e participativo.
Os máis peques, interactuaron con Sabela o conto: "O LAPIS MÁXICO DE MARTÍN".
Os maiores fixéronno co conto: "CONFLITO NO GALIÑEIRO" 

Infantil, 1º e 2º de primaria

3º,4º,5º,e 6º de primaria

GRAZAS SABELA, por facernos disfrutar dos contos !!!

luns, 4 de xuño de 2018

CONTACONTOS

Todo infantil asistiu á biblioteca, porque Xoel xunto cos seus compañeiros/as, tíñanos que contar un conto moi tradicional:

 "OS TRES PORQUIÑOS"


Parabéns!!