Accede ao espazo da "Biblioteca creativa", para ver as actividades realizadas polo samaín.
venres, 29 de outubro de 2021
xoves, 28 de outubro de 2021
CONTACONTOS: AS BRUXIÑAS DA LETRA "ERRE"
As tres bruxas: Rebeca, Rocío e Ruperta, estiveron cos nenos e nenas de 1º de primaria comprobando a súa pronuncia coa "rr" e marcharon moi satisfeitas.
sábado, 23 de outubro de 2021
DÍA DAS BIBLIOTECAS
- Con calma: 50 historias de la naturaleza. Rachel Williams. Ed, Flamboyant
venres, 15 de outubro de 2021
DÍA DAS ESCRITORAS
O 18 de outubro, celebramos o día das escritoras para ... "Reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia".
Para este día a actividade que propoñemos é un xogo de pistas para descubrir a través dun texto, o libro e a súa autora. O xogo preséntase en dous formatos: online e presencial na biblioteca.
Empeza a xogar xa!
Así foi como se desenvolveu a actividade na biblioteca.
En infantil, aprendemos cos contos das escritoras:
Paula Carballeira, "Mateo". Despois de ler o conto fíxose un debuxo e unha actividade grafomotriz (Axudouse a Mateo a buscar o camiño que levaba a súa nai).
Lucía Serrano. "Basura y más basura". Que pasa coas cousas que tiramos?, Por que é importante consumir de xeito responsable?, Podemos facer algo para coidar o noso planeta?
Despois da lectura do libro, reutilizamos unha folla de xornal para crear o corpo humano.
Abenizamos o conto de Olga de Dios, "A ra de tres ollos". Sensibilizámonos co medio ambiente e contamos a montaña de cousas que fabricou <A Fabrica de Cousas Novas>.
venres, 1 de outubro de 2021
1ª CITA CLUB DE LECTURA
Os e as participantes do club de lectura, iniciaron a singradura deste novo curso moi animados/as a seguir lendo. Valoraron moi positivamente este libro de Ledicia Costas , malia consideralo un pouco triste nalgún momento.
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.xoves, 30 de setembro de 2021
PDI " ECOmundi"
Desenvolveremos ó londo deste curso o PDI (proxecto didáctico interdisciplinar) "ECOmundi", manifestando así o noso compromiso co medio ambiente.
Esta presentación é unha guía de propostas e recursos que xuntos enriqueceremos.
mércores, 29 de setembro de 2021
BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO
No mes de Outubro comeza a actividade na Biblioteca, estámoste esperando con moitas novidades e proxectos.
Compartimos o cartel e facemos uso do lema que A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022.
O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA






