Sabes buscar información? nós podemos axudarte con iste gráfico.
luns, 26 de xaneiro de 2026
luns, 19 de xaneiro de 2026
OBRA DE TEATRO "O PRÍNCIPE FELIZ"
Os alumnos/as do club de lectura: "Un , dous, tres, 4º a ler", prepararon unha obriña de teatro baseada no conto de Óscar Wilde "O prínciè feliz" que representaron no festival de Nadal, para todos os compañeiros/as do CEIP Vistahermosa.
... Divertímonos moito pero o que máis nos gustou foi aprender o valor da xenerosidade, da amizade e da humildade.
mércores, 17 de decembro de 2025
martes, 16 de decembro de 2025
ADORNOS DE NADAL EN 3D
Na árbore de Nadal lucen unhas bólas de reno impresas en 3D, a propósito do PDI "Animaliños"
Cada clase decorou e escribiu unha mensaxe ou un desexo de Nadal.
AGASALLOS SOLIDARIOS DE NADAL
O alumnado de 6 de EP crea diferentes pezas de bisutería: pulseiras, pendentes, colgantes, chaveiros con doas mercadas na Fundación Taller de Solidaridade. Durante o taller debátese sobre a importancia da sostibilidade e da reciclaxe, e dáselle valor aos agasallos de Nadal feitos a man.
luns, 15 de decembro de 2025
POEMAS SOBRE AS PERSOAS
Recitado de poemas na voz da rapazada de 3º de EP que xiran arredor do tema da igualdade de oportunidades, do respecto e da tolerancia.
mércores, 10 de decembro de 2025
2ª CITA, CLUB DE LECTURA "UN, DOUS, TRES, 4º A LER"
Os nenos e nenas de 4º de primaria, levaron a cabo un libro-fórum, sobre a lectura do libro "No corazón do bosque".
Un libro que queren recomendar aos compañeiros e compañeiras, porque ensina a importancia da familia, o valor da amizade, o respecto polo medio ambiente, a empatía... Unha tenra, entrañable e divertida lectura para o outono.
Esta sesíon, moderada polo alumno José Antonio, foi moi participativa, todos /as aportaron ideas, experiencias, emocións... Ao rematar, fíxose unha ficha de lectura sobre o libro e aproveitaron para descubrir un pouquiño ao seu autor: Agustín Fernández Paz.



