Durante o mes de novembro estivo na entrada do colexio un xogo de estimación (de cantidade, peso e medida), no que o alumnado podía participar dando a súa resposta e metendoa na furna.
As preguntas eran:
Cantas pensas que hai?. Que botella pesa máis?, A corda mide máis ou menos dun metro?
Así foi o proceso:
Os alumnos/as de 6ª de infantil, fixeron o reconto:
Estes foron o resultados:
Moitos/as aproximáronse, pero houbo unha acertante de todas as cuestións:
NORABOA MAR!
Os nenos e nenas de 4º de infantil, descubriron como se forma un peixe globo, reaccionando o vinagre con bicarbonato e un golpiño, para axudar a mesturar.
Na aula de 5º de infantil, sorprendéronse ao ver como a auga tinguida de cor, subía por un material poroso (Capilaridade).
- Arco da vella de sal.
- Botellas sensoriais.