venres, 8 de marzo de 2019

ROSALÍA LIDERA O 8M

mani-FESTA-cción
8M
Todos/as xuntos/as, no patio do colexio, reivindicando os dereitos das mulleres a través dos versos de Rosalía.

Música: Matriarcas, Lúas de outubro e agosto. Guadi Galego.


O 24 de febreiro, día de Rosalía e 8 de marzo, día Internacional da Muller son dúas datas que este ano van da man.
O equipo de Biblioteca e EDLG, unirémonos á proposta da AELG  "Do XIX ao XXI " 
#LibreOMeuPensamento_rdc_19 
participando nunha mani-FESTA-acción con pancartas que reivindiquen os dereitos das mulleres a través dos versos de Rosalía.

Na entrada do colexio temos unha exposición para homenaxear a figura e o traballo de Rosalía de Castro: 
  • Carteis
  • Comics
  • Ilustración de poemas de Rosalía
  • Rosalía ReBOTada (infografía robótica)
  • Robots portando pancartas con mensaxes dos versos de Rosalía
  • Piano virtual cos robots (cancións dedicadas a Rosalía : Adiós Ríos..., Parabéns para ti)
  • ABN con Rosalía (Tantos como)
PREME NA IMAXE


 


PREME NA IMAXE PARA VER " ROSALÍA EN VIÑETAS"
Na clase de ABN, pon tantas pinzas na tarxeta como elementos atopes na portada do libro: Rosalía. Luisa Carnes. Prólogo de María Xesús Lama.