Nesta cita, os membros deste club de lectura intercambiaron impresións sobre o libro : "Bechopoemas e outras Bestas" de Leire Bilbao e participaron nun obradoiro de Poesía @[r]riscada. Unha estratexia interesante para crear poemas. Consiste en riscar palabras dun texto e deixar á vista outras que nos inspire un poema.
Un divertido libro de poesía infantil
...Voan, nadan, reptan e ruxen poeticamente. Nestes versos divertidos e rebuldeiros habitan coñecidas criaturas que nos sorprenderán co seu enxeño e orixinalidade.
Así foi a sesión...
Próxima cita... no mes de abril, comentaremos o libro: "A lagoa das nenas mudas" Fina Casalderrey.