Con esta canción "Terra", das Tanxugueiras que reivindica a
diversidade, a integración, pero tamén a diversión por medio do canto e do
baile, animamos a semana da Paz, para rematar cunha coreografía
todos/as xuntos/as no patio.
Máis información
Todos os traballos e actividades foron expostas na entrada do colexio.
O fío condutor foi a reciclaxe, reutilizamos un expositor para decoralo coa árbore e metáforas de Paz.
Botellas cheas de amor ao planeta
Tamén pensamos en como agasallar á Terra. Sabemos que o uso excesivo de plásticos, ameaza con contaminar o planeta e sobretodo os mares e non queremos permitilo. O noso desafío, con esta proposta é reducir o uso de plásticos e contribuír á separación correcta de residuos.
Máis información:
Xogo da Paz
Plantéxanse unha serie de situacións que terás que resolver, por exemplo:
1.- Unha das compañeiras do cole sempre está soa no recreo porque non lle
gusta xogar ao futbol. Que fago?
2.- A miña mellor amiga lévase mal con outra compañeira. Como actúo con
ela?
Para este xogo pódese consultar libros da biblioteca: Atlas, libros da sección 34 (convivencia), da caixa Inclúe-T ou da colección de Intermón-Oxfam ...