Celebramos o "DÍA DA MULLER", tendo moito que dicir sobre mulleres na historia. Palabras-frases reivindicativas sobre: Igualdade, dereitos, a paz, contra a violencia, liberdade...
ACTIVIDADES:
- Quen e Quen? Xogo para identificar ás mulleres polo seu legado na historia.
- Algo que dicir.
- Algo que contar.
"Monstro Rosa" (Trata a diversidade e a liberdade) e "Monstro Azul"(Trata o respecto, convivencia e empatía) de Olga de Dios.
"Que lles pasa? ás princesas" de Felicia Redondo.
... están fartas de facer sempre o mesmo. Xogo de atención, co escornabot, para buscar no taboleiro os príncipes ras iguais.
- Recuncho reivindicativo, na entrada do cole.
- Concentración pola Igualdade. Adicada ás mulleres máis importantes da nosa vida. Música de Rigoberta Bandini "Ay Mamá"
Biblioteca/Actividades Extraescolares