martes, 3 de febreiro de 2026

ENCONTROS CO AUTOR

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria tivo o pracer de coñecer ao autor Ramón Domínguez Veiga. Alí falaron sobre o seu libro "Pernascochas", obra pertencente ao itinerario lector deste nivel educativo. Unha mañá moi entretida e interesante.



... Marcelina: ese é o meu nome. E esta é a miña historia. Ou parte dela. Un anaco
de vida que non durou nin unha semana, pero que algo me di que vai ser difícil de
esquecer. Ou, se cadra, imposible.»
Pernascochas é unha novela sobre o poder da amizade, os sentimentos e, alá no
fondo, tamén sobre o primeiro amor.




Actividade organizada polo Concello de Ourense.